31.7.13

Nace OINK! A Revista do Xabarín Club!

Portada de Miguelanxo Prado.
"Nun tempo en que todo o dirixido á rapazada pasa polas factorías das grandes marcas. Cando todo o que se pensa para nenas ten forma de princesa rosa e para nenos forma de superheroe. Agora que os libros, as películas, a roupa e mesmo os iogures están inzados cheos dos mesmos personaxes infantís co único obxectivo de vender, nace algo diferente: Oink! A revista do Xabarín Club, unha revista mensual pensada para os máis novos."

Máis info aquí. E atentos ós vosos chintofanos, en breve máis novidades...


No hay comentarios: